Electrical fitters

A garantía e a fiabilidade nos nosos proxectos son aspectos fundamentais para que merezamos a confianza dos nosos clientes, forxada a través dunha experiencia de máis de 30 anos.

A nosa vocación de servizo, posta a disposición do cliente e a capacidade dun equipo técnico cualificado, permítenos afrontar os retos de calquera iniciativa industrial: montaxe e equipamento industrial, control e xestión da enerxía, aforro enerxético, etc.

Nos derradeiros anos vimos colaborando coa administración local na instalación do alumeado publico, equipos redutores-estabilizadores, equipos de mando e control da enerxía, etc.
Empresa adherida ó INEGA para o aforro e a eficiencia enerxética nas instalacións.

Menu